Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Joyce, James

Ulises

A novela de James Joyce (Dublín, 1882-Zürich, 1941) desenvólvese durante un único día, o 16 de xuño de 1904, na cidade de Dublín. Joyce emprega en Ulises, á parte da corrente de consciencia, a parodia, os xogos de palabras e unha variada e ampla gama de técnicas narrativas. A súa influencia na literatura posterior foi indubidable, tanto no que se refire á transformación que supuxo respecto da maneira de narrar coma no repertorio de formas literarias, sen esquecer a transformación da idea de novela, na que Ulises marcou o paso do modelo decimonónico ao modelo de novela contemporánea. Unha obra fundamental na historia da literatura.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Ano: 2013 |
  • Páxinas: 1008 |
  • Dimensións: 135x210 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: Almazán, Eva; Alonso Seisdedos, María; Queipo, Xavier; Vialle, Antón |
  • ISBN: 978-84-9865-503-2 |