A música das esferas
Seguindo a aparente inestabilidade daquelas ideas que se transformaron e, así e todo, mantiveron a súa función metamorfoseadas na Idade Moderna, este ensaio de Carlos Lema pescuda na súa translación do neoplatonismo ao cristianismo, na súa manifestación posterior na Ilustración e no saber científico como saber verdadeiro.
Desde a Grecia antiga á Revolución Francesa, desde os mitos e a descrición do mundo no Timeo á teúrxia e á teoloxía dos primeiros séculos da Era Cristiá, desde Agostiño de Hipona e Descartes ao culto do Ser Supremo na Francia de Robespierre, trázase aquí o percorrido da idea de orde aplicada ao mundo cunha finalidade transcendente; búscase a procedencia dese poder que logra reducir todo acontecer á inconsistencia.
A crítica á orde transcendente remóntase, pois, á relación de confianza da orientación cosmolóxica grega antiga e á súa reformulación nunha idea de cosmos que, nos tempos modernos, acabaría substituída pola crecente necesidade de dominar o mundo.
* * *
Índice: Adro. 1. A harmonía das cousas. 2. A mirada atrás. 3. A orde do número. 4. A constitución do mundo: 1. O quinto convidado 2. A harmonía 3. O produtor de orde 4. A situación 5. A esfera 6. O mesmo e o outro no mundo 7. A música 8. Analoxía e máthema 9. O tempo e a música das esferas. 5. O platonismo ou a transcendencia. 6. A filosofía domeada (da teúrxia á teoloxía). 7. A cristianización do platonismo. 8. A constitución do eu ou o mundo interior. 9. A perfección do home. 10. O culto do Ser Supremo. Cabo. Addenda. Orde do mundo, secularización e progreso. Bibliografía.

- Editorial: Euseino? |
- Ano: 2013 |
- Páxinas: 280 |
- Dimensións: 140x190 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-616-6171-8 |