Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

William Shakespeare | Shakespeare, William

Hamlet

A tráxica historia de Hamlet, príncipe de Dinamarca, de William Shakespeare, é unha obra profunda, complexa e enigmática que transcende os límites da traxedia de vinganza. O seu protagonista ten sobre a súa conciencia a dura tarefa de vingar o aleivoso asasinato de seu pai perpetrado polo seu propio irmán, Clodio, para arrebatarlle a coroa e a esposa; pero para iso el mesmo debe converterse en asasino. Antes de consumar a vinganza, que inevitablemente acabará en catástrofe, Hamlet será responsable, directa ou indirectamente, doutras mortes. É unha traxedia de dimensións e resonancias universais. Pode non ser a obra máis perfecta de Shakespeare, pero si a máis estudada e traducida, a máis representada e filmada e , sen ningunha dúbida, a máis popular. Tanto a obra como o seu protagonista foron (e seguen sendo) analizados desde todos os puntos de vista posibles: estético, ético, filosófico, psicoanalítico, político, feminista... Hamlet é a obra dramática máis influente da cultura occidental e a máis citada, e o seu protagonista segue a ser contemporáneo noso, igual que o foi para xeracións de séculos anteriores. A profundidade da obra, a súa complexidade e ambigüidade fan que non poidamos conseguir nunca un Hamlet definitivo. É e seguirá sendo sempre unha obra aberta, susceptible de múltiples lecturas.
  • Editorial: Laiovento |
  • Páxinas: 208 |
  • Dimensións: 140x210 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: Pérez Romeo, Miguel |
  • ISBN: 978-84-8487-627-4 |