Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Bartosik, Joanna | SWEDROWSKA,MALGORZATA

AVOAS E AVÓS

outra mirada sobre
os maiores da casa
Creado polas autoras polacas Malgorzata Swedrowska e
Joanna Bartosik, mostra, dun xeito divertido e rachando
cos clixés tradicionais, o día a día de avós e avoas nos
fogares, vistos desde os ollos dos seus netos e netas.
Traducidos do polaco ao galego por Ana Garrido.
Coa supervisión de María Reimóndez.
FICHA TÉCNICA 52 pp. 20 x 20 cm
ISBN: 978-84-18567-50-6 PVP: 16 €
Capa dura. Cosidos con fío vexetal. Impresos en papel ecolóxico.
ALVARELLOS EDITORA: [email protected], 981 522 137www.alvarelloseditora.gal
TEXTO CONTRACAPA
COA AVOA TODO É POSIBLE.
CO AVÓ TODO É POSIBLE.
ELA ATOPA TESOUROS NOS SEUS PETOS.
EL ADIVIÑA OS MEUS SOÑOS.
O AVÓ FALA CON TENRURA.
A AVOA ABRAZA CON DOZURA.
NA TERRA OU NAS ALTURAS
O SEU CARIÑO PERDURA
ARGUMENTO
A través de 50 escenas ou viñetas vaise retratando
o día a día de avoas e avós nas súas vidas cotiás e
o seu papel nos fogares. Ollados desde o punto de
vista da xente máis nova da casa, vanse sucedendo
situacións divertidas, soñadoras e poéticas.
CLAVES PARA A LECTURA
Historias ilustradas para nenas e nenos a partir dos
3 anos. Este conto complétase con outros dous
títulos das mesmas autoras tamén publicados por
Alvarellos Editora no selo Verdemar: MAMÁS E PAPÁS
e IRMÁS E IRMÁNS. Os tres foron traducidos ao galego,
directamente dende o polaco pola filóloga Ana
Garrido.
Os contos desenvolven outra mirada sobre as familias.
Quen é a avoa e o avó? Quen son as persoas que me
queren e atenden? Que fan cada día? Que desexan?..
  • Editorial: Verdemar |
  • Páginas: 52 |
  • Dimensiones: 200x200 |
  • Idioma: Gallego |
  • Traducción: ANA GARRIDO |
  • Ilustración: Joanna Bartosik |
  • ISBN: 978-84-18567-50-6 |