Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

SOUTO, XURXO

Somos un pobo de artistas

O primeiro monumento da literatura galega son as cantigas medievais. Os "Cantares Gallegos" de Rosalía son o gran referente do Rexurdimento. Cantigas e cantares. Non obstante, a música sempre estivo ausente nas clases de literatura.
En 1999 Luísa Villalta publicou "O outro lado da música, a poesía", libro-referente, onde puxo en valor a mutua atracción que senten entre si ambas as dúas artes.
Seguindo o seu método, penetramos na selva vizosa da música galega contemporánea para procurar esa unidade primixenia. E buscámola especialmente nas marxes, territorios case invisíbeis para o gran público, onde medra cada día o poder da creatividade.
  • Editorial: Xerais |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1110-469-2 |