Horario: De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30h. Pechamos martes pola mañá e domingos todo o día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

de Cea, Xosé

3g).nacional 547.(literaria)

Nacional 547, máis que unha estrada, é a vea aberta pola que se desangra en arelas e frustracións a vida dun adolescente na Palas de Rei dos anos oitenta. O mozo retorna coa súa familia, desde a diáspora xarnega, no barcelonés barrio de Horta, a unha vila rural que para el será un territorio de exilio cuxas coordenadas lle resultan incomprensibles. Atoutiñante e desorientado, irá descifrando a existencia na procura de redención grazas aos códigos achados na amizade e na traizón, no sexo e no desamor, nas drogas, na violencia, na soidade, na literatura, no rock Un relato iniciático adubado con pornografía, heavy metal e Goma 2, que non deixará indiferente a ninguén.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Dimensións: 150x230 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1176-649-4 |