Lourenço, xograr
Editorial Galaxia publica Lourenço, xograr, novela coa que Manuel Portas obtivo o Premio García Barros do ano 2015. A obra premiada no certame que organiza o Concello da Estrada en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística trátase dunha novela histórica que recrea o período medieval en Galicia a través da peripecia dun xograr.
En opinión do xurado, nesta obra de Manuel Portas destaca a contribución da novela á divulgación da historia e da literatura medieval galegas por medio dun personaxe pouco coñecido, o xograr Lourenço, que constitúe a porta pola que nos asomamos non so aos conflitos políticos que determinaron o que hoxe somos como país senón tamén ás vidas entrelazadas das distintas clases sociais da época.
Mediado o século XIII, Lourenço, un rapaz, un humilde vilán, soña con ser trobador. Como xograr do cabaleiro Joam García de Guilhade, buscará fortuna nas cortes peninsulares no empeño de que a súa arte sexa recoñecida polos escritores contemporáneos. Nin as burlas, nin os desprezos clasistas, nin as penalidades das continuas viaxes, nin sequera as descualificacións sobre os seus dotes literarios conseguirán vencer a súa férrea vontade. Unha morea de poetas, moitos deles nobres sen diñeiro, pululan polas cortes á procura do favor do rei. Eles non van consentir que un vulgar xograr, un aprendiz de ferreiro, fillo dun soldado anónimo e dunha simple cociñeira, poida equipararse a eles. Por se fose pouco, o mozo é de carácter namoradizo e arrastra desde a adolescencia unha historia de amor coa filla dunha das familias máis sobranceiras da época.
O apaixonante e convulso mundo medieval en que se desenvolve a lírica galego-portuguesa, as intrigas palacianas, as batallas, os asaltos a castelos na guerra civil que sacode o reino de Portugal, convértense no pano de fondo para o devalar biográfico do protagonista.

- Editorial: GALAXIA |
- Páxinas: 312 |
- Dimensións: 135x210 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-9865-642-8 |