Cinema

Viaxa ao Festival de Venecia co 27 Times Cinema

Se tes entre 18 e 25 anos, dominas o inglés e che gusta compartir as túas opinións sobre cinema en redes sociais esta é a túa oportunidade! Envía a túa candidatura ao 27 Times Cinema e poderás viaxar cos gastos pagados ao Festival de Venecia para ser xurado da sección Giornati degli Autori, outorgando un premio específico da sección. Tes até o 24 de maio!

Por quinto ano consecutivo, o Cinema NUMAX é unha das salas do Estado designadas por Europa Cinemas para a selección da persoa que represente a España no 27 Times Cinema. Esta iniciativa leva máis dunha década brindando a mozos e mozas de todos os países da Unión Europea a oportunidade única de participar desde dentro dun dos festivais máis prestixiosos do mundo.

Desde NUMAX faremos unha selección previa de 3 das candidaturas recibidas que remitiremos a Europa Cinemas para a selección definitiva. Os criterios a valorar no proceso de selección son:

  • Ter entre 18 e 25 anos (ambos incluídos) e ser unha persoa apaixonada polo cinema
  • Ter habilidades comunicativas e manexo en redes sociais (Facebook, Instagram, Youtube, Snapchat)
  • Boa capacidade de redacción en artigos e blogs
  • Ter aptitudes para a realización de podcast, edición de vídeo e fotografía e outras habilidades para participar nas campañas de comunicación da sección.
  • Bo manexo do inglés, especialmente escrito e falado, para participar activamente nas discusións e mesas redondas

    Como presento a miña candidatura?

1) Grava un videoselfie falado en inglés no que expliques que é para ti o cinema, comezando pola frase Cinema for me is... O vídeo durará un máximo de 30 segundos, estar gravado en alta resolución (1920x1080) e nel debe ser visible o nome da persoa candidata e país de orixe. Valorarase a calidade e creatividade do vídeo. Podes consultar vídeos previos na canle de vimeo de Europa Cinemas.
2) Cubrir o formulario de inscrición e descargar o pdf coas respostas: https://form.jotformeu.com/EuropaCinemas/27TCForm2022
3) Enviar por wetransfer o vídeoselfie xunto co formulario de inscrición en pdf ao correo [email protected]

Prazo de envío de candidaturas: Até o martes 24 de maio incluído.

Finalizado este proceso o Cinema NUMAX preseleccionará 3 candidatas e Europa Cinemas será a encargada de elixir a persoa que represente a España no 27 Times Cinema. A embaixadora designada comprometerase a:

  • Estar presente en Venecia do martes 30 de agosto ao domingo 11 de setembro (a viaxe e o aloxamento serán costeados por Europa Cinemas e o Parlamento Europeo).
  • Ser membro do xurado da sección Giornate delgi Autori. O Festival de Venecia encárgase de achegar unha acreditación de acceso prioritario ás sesións.
  • Participación nas mesas redondas, masterclasses e obradoiros desenvolvendo así as túas capacidades comunicativas
  • Achegar contidos á web e redes sociais de Europa Cinemas.
  • Ser embaixador activo do LUX Film Prize durante os eventos organizados en España logo do Festival de Venecia.
  • Estar dispoñible para participar na selección do LUX Audience Award na edición de 2023 que terá lugar no verán do ano que vén.

A que esperas para anotarte? Agardamos a túa candidatura!

Organizan Europa Cinemas, Parlamento Europeo, Giornate degli Autori, LUX Film Prize, Cineuropa e o Cinema NUMAX