Cinema

Viaxa ao Festival de Venecia co 28 Times Cinema

Tes entre 18 e 25 anos? Dominas o inglés? Gústache o cinema e compartir as túas impresións na rede? Se cumpres estas 3 condicións tes unha oportunidade única para ser xurado no Festival de Venecia co 28 Times Cinema, un programa que permite a 28 mozos e mozas de toda Europa acudir ao festival cos gastos pagados para ser xurado da sección Giornati degli Autori. Europa Cinemas, o LUX Prize e Giornati degli Autori veñen de designar, por segunda ocasión, a NUMAX como o cinema español encargado de participar na selección de candidaturas.

O 28 Times Cinema leva unha década brindando a mozos e mozas de toda Europa a oportunidade única de participar desde dentro dun dos festivais máis prestixiosos do mundo. Cada país da Unión conta cunha persoa representante no encontro e, ao igual que sucedera en 2017, NUMAX será a sala española participante na selección. Participa seguindo estes sinxelos pasos:

Como presento a miña candidatura?
1) Grava un videoselfie falado en inglés no que expliques que te apaixona do cinema, comezando pola frase What Do I Love in Cinema... O vídeo durará un máximo de 30 segundos, debes incluír o teu nome e país de procedencia, estar gravado en alta resolución (1920x1080) e excelente calidade de audio. Valorarase a calidade e creatividade do vídeo.
2) Cubrir o formulario de inscrición e descargar o pdf coas respostas: https://form.jotformeu.com/EuropaCinemas/28TCForm2019
3) Enviar por wetransfer o vídeoselfie xunto co formulario de inscrición en pdf ao correo [email protected]

Prazo de envío de candidaturas: Até o mércores 10 de abril incluído.

Finalizado este proceso o Cinema NUMAX preseleccionará 3 candidatas e Europa Cinemas será a encargada de decidir a persoa que represente a España no 28 Times Cinema. A embaixadora designada comprometerase a:

  • Estar presente en Venecia do martes 27 de agosto ao domingo 8 de setembro (a viaxe será costeada polo Parlamento Europeo).
  • Ser membro do xurado da sección Giornate delgi Autori.
  • Ver todos os filmes presentados nesta sección e nas candidatas aos LUX Prize.
  • Participar nos debates e mesas redondas con cineastas e outros convidados.
  • Contribuír ao blog especialmente creado para o programa.
  • Participar na web e as redes sociais de Europa Cinemas.
  • Ser embaixador activo do LUX Film Prize durante os eventos organizados no seu país logo do Festival de Venecia.

A que esperas para anotarte? Agardamos as vosas candidaturas!

Organizan Europa Cinemas, Giornate degli Autori, LUX Film Prize e o Cinema NUMAX