Cinema

Encontro A cor das palabras con Lucía Salas e Martín Álvarez de «La vida útil. Revista de cine»

No ciclo A cor das palabras que organizamos co Concello de Santiago afondaremos na crítica de cinema con Lucía Salas e Martín Álvarez responsables en España da revista arxentina La vida útil. Será o domingo 28 de novembro ás 11:30 horas con entrada gratuíta até completar aforo.

Baixo o título «A vida útil da crítica de cinema», Lucía Salas e Martín Álvarez vannos mergullar no mundo da crítica a partir da súa propia experiencia á fronte de La vida útil, unha das publicacións máis suxestivas dos últimos tempos. Os críticos arxentinos farán un percorrido pola historia da revista e a súa maneira de pensar e entender o cinema, centrándose nalgunhas obras centrais para eles. O encontro terá lugar o domingo 28 de novembro ás 11:30 con entrada de balde até completar aforo e reservas no correo [email protected].

A visita complétase coa programación e presentación dunha auténtica alfaia de Jean-Claude Brisseau, Les Savates dun bon Dieu, que proxectamos en colaboración con Les Acacias Distribution o sábado 27 ás 17:45 e para a que xa podes mercar entrada na nosa web.

Artigos relacionados