Libraría

Aberta a inscrición para o segundo cuatrimestre do club de lectura NUMAX – Irmás Cartoné 2024

Está de salvaxe regreso o Club de Lectura organizado entre a Libraría NUMAX e a editorial Irmás Cartoné. Neste segundo bloque temático de 2024, coordinado por Carlos Valdés e Celia Recarey, as lecturas centraránse na temática "Humanos e outras bestas". A actividade conta co apoio do Concello de Santiago de Compostela.

Nesta segunda parte do club, que irá de setembro a novembro de 2024, a liña que fía desta vez os libros que leremos é a seguinte: humanos e outras bestas. Os títulos elixidos son: en setembro tocará a lectura de Oso, de Marian Engel (Impedimenta); en outubro George. Mi amistad con una urraca de Frieda Hughes (Errata Naturae & Periférica); e en novembro leremos O axolote e outros contos de bestas e auga, de Lara Dopazo (Galaxia). Formaranse dous grupos que se xuntarán nas seguintes datas:

GRUPO 1: 17 de setembro, 22 de outubro, 19 de novembro.
GRUPO 2: 24 de setembro, 29 de outubro, 26 de novembro.

O club de lectura de NUMAX e Irmás Cartoné é de inscrición gratuíta. Para apuntarte é necesario escribir ao correo electrónico [email protected] indicando o nome, apelidos, contacto de teléfono e preferencia de grupo (É IMPORTANTE INDICAR ESTES 4 DATOS PARA FACER EFECTIVA A INSCRICIÓN). A inscrición será por rigurosa orde de chegada das solicitudes. 

Máis información sobre o funcionamento do club de lectura:

  • A libraría ofrecerá un 5% de desconto ás persoas que se anoten no clube de lectura e que queiran mercar os libros propostos en NUMAX. 
  • As sesións serán de periodicidade mensual, cunha duración de aproximadamente dúas horas e terán lugar na libraría NUMAX, os últimos martes de cada mes a partir das 20.00 da tarde