Libraría

O nutricionista Álvaro Vargas presenta «Vegesanísimo»

O próximo sábado 15 de xuño ás 12:30 estará canda nós, na Libraría NUMAX, o xornalista e técnico superior en Dietética Álvaro Vargas para presentar o seu libro Vegesanísimo (Planeta de libros).

"Decidiches deixar para comer carne e peixe?, non sabes por onde empezar?, pregúntaste se terás todos os nutrientes necesarios, se se presentará algún déficit, se realmente é unha dieta saudábel ou de onde sacarás a proteína e o ferro? Abúrrete comer sempre hummus, remolacha e pasta? Seitán en salsa de arándanos, hamburguesas de amaranto, ñoquis de boniato, pastel de espinacas... Dividido por estacións e apostando polos produtos de proximidade, Vegesanísimo é a biblia de referencia para veganos e vegetarianos. Unha obra de consulta imprescindible onde atoparás ideas e consellos para darlle sabor e cor aos teus menús diarios."

Autobiografía
Desde que chegou Ron á miña vida, un cachorro adoptado, descubrín que algo non funcionaba entre o que pensaba e o que facía. Como podía coidar, consentir, querer tanto a un can e seguir pondo no meu prato un filete cando non vía moita diferenza entre acariñalo a el ou a un porquiño ou añiño? Desde entón, e hai xa 6 anos, decidín pasarme ao veganismo. Neste libro explico, de forma moi clara, cales son as consideracións nutricionais a ter en conta para dar o paso ao vexetarianismo ou veganismo de forma saudábel, ademais de incluír 80 receitas creativas, pero sinxelas, e moi nutritivas.