NUMAX

50% de desconto en entradas e libros co Bono Cultura

Do 1 de novembro ao 31 de decembro de 2021 podes mercar as túas entradas do Cinema ou os produtos da Libraría cun 50% de desconto grazas ao Bono Cultura da Xunta de Galicia e o Xacobeo 21-22.

O funcionamento do Bono Cultura é moi doado, unha vez que te deas de alta no programa e instales a app no teu móbil só terás que amosar o código QR no acceso á sesión ou no mostrador da libraría. Automaticamente aplicaráseche o desconto do 50% de maneira que ti só teñas que pagar a metade do importe ata un máximo de 50€. O Bono ten un uso exclusivo na billeteira do Cinema ou na Libraría, non se pode empregar para as compras en liña.

Accede á información completa sobre o uso do Bono neste enlace: https://www.bonocultura.gal/