NUMAX

Goza de descontos en Cinema e Libraría cos bonos Cultura, Activa Comercio e Bonos Corazón

Xa están activos os bonos Cultura e Activa Comercio da Xunta de Galicia e o Xacobeo 21-22 cos que poderás gozar de importantes descontos até o 31 de decembro en NUMAX. Cos bonos Corazón, que impulsa e financia o Concello de Santiago, podes obter un 40% de desconto nos teus libros.

Na recta final do ano poderás gozar de importantes descontos no Cinema e a Libraría NUMAX grazas aos bonos da Xunta de Galicia e o Xacobeo 21-22, e tamén grazas aos Bonos Corazón. Só tes que darte de alta en ambos bonos, instalar a app no teu móbil e amosar o código QR na billeteira da sala ou no mostrador da libraría. Ambos Bonos teñen un uso exclusivo para compras feitas no local, non se poden empregar para as compras en liña. Podes escoller xa os teus libros aplicando calquera dos dous bonos. Ambos descontos non son acumulables.

Bono Cultura
Co Bono Cultura disporás de até 50€ para compras culturais, cun 50% de desconto en cada produto. En NUMAX con este bono podes mercar tanto no Cinema (entradas, abonos, agasallo de bonos e abonos) como en calquera produto da Libraría (libros, vinilos, DVD's...).

Bono Activa Comercio
Co Bono Activa Comercio disporás de até 30€ de desconto que se irán consumindo en función da compra. Este bono en NUMAX será válido exclusivamente para produtos de Libraría.

Bonos Corazón
Os Bonos Corazón Compostela, que impulsa e financia o Concello de Santiago, podes obter un 40% de desconto nos teus libros a través dos diferentes bonos do programa. Válido até o 31 de decembro en NUMAX.