Carlos Catena presenta o libro «Estar con otro» na Libraría NUMAX
A Libraría NUMAX acollerá o venres 29 de setembro ás 20:30h a presentación do poemario «Estar con otro» de Carlos Catena, editado por Pre-Textos Poesia. O autor estará acompañado pola poeta Olalla Cociña. A entrada é libre ata completar aforo.
Carlos Catena Cózar (1995) naceu en Torres de Albanchez e pasou a súa adolescencia en Jaén. Estudou Tradución e Interpretación na Universidade de Granada, oficio co que se gaña a vida. Acaba de publicar o seu segundo poemario, Estar con otro (Pre-Textos, 2023). Co primeiro, Los días hábiles (Hiperión, 2019), gañou o Premio Hiperión de Poesía e tivo unha gran acollida entre o público lector e a crítica. Os seus poemas apareceron publicados en numerosas revistas e antoloxías, e traduciuse ao inglés, polaco, rumano, árabe e italiano. Entre 2020 e 2022 foi beneficiario dunha beca de creación literaria na Residencia de Estudantes de Madrid. En 2023, recibiu o Premio Valencia de Narrativa en Castelán pola súa primera novela, Tan tonta, que sairá publicada en outono deste mesmo ano en La Caja Books.