Cinema

Arranca o programa Cine Sénior co que as persoas maiores de 65 anos irán os martes ao cinema por 2€

Se che gusta o bo cinema e tes 65 ou máis anos estás de noraboa! Todos os martes ata finais de ano poderás asistir a calquera filme de NUMAX por só 2€ grazas ao programa Cine Sénior que conta co financiamento do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais do Ministerio de Cultura e Deporte (Goberno de España).

O martes 11 de xullo filmes como Indiana Jones e o dial do destino ou Marnie, a ladroa, de Alfred Hitchcock, terán unha entrada reducida de tan só 2€ para as persoas maiores de 65 anos, grazas ao programa Cine Sénior do ICAA.

A reserva de entradas reducidas será exclusivamente para as sesións dos martes e a compra dos billetes farase unicamente de forma presencial na billeteira (non en liña), amosando algún documento acreditativo da idade. Agardámosvos!