Libraría

A libraría NUMAX acolle o contacontos de «O gran libro dos nosos montes» con Blanca Millán

A Libraría NUMAX acolle o sábado 26 de outubro ás 18h00 da tarde unha actividade para toda cativada e familias! O contacontos do libro O gran libro dos nosos montes (Cumio), Premio Follas Novas ao Mellor Libro Ilustrado 2024, con Blanca Millán. A entrada é libre ata completar aforo. 

Blanca Millán naceu en Touro (A Coruña) en 1991. É graduada en Bellas Artes con un Máster en Libro Ilustrado pola Universidad de Vigo, pinta dende que ten memoria e ilustra historias desde que é nai. Tocou todos os campos da ilustración e o mundo del libro, dende o deseño editorial, a ilustración de producto, ou a cartelería… pero a súa gran paixón son os libros ilustrados. As miñas primeiras publicacións chegaron  no 2017 con MANUELA e A MAXIA DE MAMÁ, e dende entón xa van máis de 40 títulos publicados e varios idiomas (galego, castelán, inglés, alemán, chinés...). Na actualidade continúa a ilustrar novos contos no seu pequeno estudio.