Cinema

Daria Esteva visita NUMAX este sábado para a estrea española de Lejos de los árboles

Este sábado 9 de maio ás 20:00 teremos connosco no Cinema NUMAX a Daria Esteva. Daria viaxa a NUMAX desde Barcelona para presentar a copia en DCP 2K da versión remontada por Pere Portabella en 2011 de Lejos de los árboles, dirixida entre 1966 e 1972 polo seu pai, Jacinto Esteva.

A copia que estreamos en NUMAX proxéctase por primeira vez en DCP 2K, logo do seu percorrido por filmotecas e centros de arte desde 2011 en 35mm. e Blu-ray, nunha copia elaborada expresamente para a súa exhibición na nosa sala.

En 1990, Daria Esteva foi tamén a testemuña principal do filme que Joaquín Jordà lle dedicou á memoria do seu pai Jacinto Esteva, El encargo del cazador. A relación de amizade que Esteva e Jordà mantiveron levounos a colaborar na dirección a catro mans do filme Dante no es únicamente severo (1967), que é considerado o filme que inaugurou a que se daría en chamar Escola de Barcelona, da que precisamente Joaquín Jordà e Jacinto Esteva se afastarían para superala coa súa práctica fílmica. Daria recuperou o nome Únicamente Severo Films para a produtora coa que traballa actualmente, coa que se encargou da remontaxe do filme orixinal e da creación da copia en DCP, igual que nós recuperamos o nome do Numax presenta de Jordà para o noso proxecto, polo que nos fai especial ilusión esta visita ao Cinema NUMAX.

Sobre o filme e o traballo de Jacinto Esteva (1936-1985), que estabelece un percorrido polas tradicións máis escuras e aínda vixentes da xeografía española, de Sabucedo e Marín a Almonte, escribía o historiador Luis E. Parés no seu libro Notes Sur l’Émigration - Espagne 1960. Apuntes para una película invisible:

“La obra documental de Jacinto Esteva, compuesta por dos cortometrajes y un largometraje, se nos muestra como la bisagra, como el nexo que une y comunica, entre los dos grandes momentos del cine documental en España: los años de la Segunda República y la Transición.

De la Segunda República recoge su carácter humanista, la carga política sin contenido partidista de la obra de Carlos Velo, de Ramón Biadiu (incluso de esos documentales de las Misiones Pedagógicas de los que ninguno ha sobrevivido). Y, cómo no, la mirada desazonada, crítica y rebelde de Las Hurdes. Ya a la Transición aporta su deconstrucción del carácter mítico de la España eterna, mediante una clara conciencia de los mecanismos con que el cine construye la realidad, presente en los títulos más valiosos de ese período: El desencanto, Rocío, Queridísimos verdugos, Cada ver es, Informe general, El asesino de Pedralbes o Animación en la sala de espera…

Así, la obra documental de Jacinto esteva se aparece como clave para una posible tradición cinematográfica del cine de lo real en España”.

Como xa é habitual coa presenza de convidados no Cinema NUMAX, a entrada para a sesión de estrea de Lejos de los árboles (montje 2011)con Daria Esteva, ten un custe único de 8€, con entrada reducida de 4,80€ para abonados colaboradores e abonados protectores de NUMAX.

Podedes mercar as entradas para esta sesión no noso web:

https://numax.org/cinema/ficha/lejos-de-los-arboles