Libraría

Lanzamento do blog da libraría NUMAX, sorteos e descontos especiais para celebrar o Día do Libro

Este sábado 23 de abril sumámonos á celebración do Día do Libro cun fito importante: o lanzamento do noso blog de Libraría. Ademais, todas as persoas que se acheguen á NUMAX contarán con un desconto especial dun 10% durante todo o día tanto nas súas compras tanto en tenda como a través da nosa web.

Achégase o Día do Libro, que neste 2022 recae no sábado 23 de abril, e na Libraría NUMAX celebrámolo con moitas novidades. A principal é o lanzamento do noso blog, un proxecto no que levamos traballando moito tempo, e no cal, a partir de agora, se poderán ler e consultar os contidos da libraría. Nesta nova plataforma poderes acceder ás pezas e itinerarios feitos por nós con anterioridade e que se albergaban ata o de agora en numax.org pero tamén outros novos e máis específicos como reseñas, resumos das nosas actividades ou listas de recomendacións que agora terán cabida nesta páxina. 

Por outro lado, as persoas que merquen libros en NUMAX nesta xornada contarán con un desconto do 10% nas súas compras, ben sexan en tenda ou na nosa web. Ademais, todas elas entrarán directamente nun sorteo dun lote de Aira Editorial formado por un exemplar da novela Heidi de Johanna Spyri, traducido por Patricia Buxán, unha libreta, unha bolsa, unha postal e un póster firmado por Miguel Robledo, autor das ilustracións do libro; e tamén de dúas entradas para calquera película da grella do Cinema NUMAX. 

Agardámoste!