Libraría

Encontro con Bernardo Atxaga e Zeno Bianu

O luns 18 de marzo ás 13:15 a Libraría NUMAX acolle un encontro aberto ao público cos escritores Bernardo Atxaga e Zeno Bianu acompañados polo tradutor Mikkaël Bonnot.

Bernardo Atxaga, seudónimo de José Irazu Garmendia, Aesteasu (Guipúzcoa), 1951. Licenciado en Ciencias Económicas e en Filosofía e Letras. Escribiu as súas primeiras obras en vasco baixo o pseudónimo de Bernado Atxaga. É autor de poemas, contos e novelas, así como dunha vintena de libros para nenos. A edición de Obaboak representou a súa consagración tanto no ámbito vasco como no mundo hispánico. A tradución a máis de vinte idiomas desta obra reportaron ao autor un merecido respecto, revalidado até a data sen excepción en cada unha das súas entregas. Tamén deu lugar á película Obaba de Montxo Armendáriz. O seu manexo exquisito do mundo interior converteron a Bernardo Atxaga en referencia da expresividade e dotaron de solidez ao eúscaro como lingua culta. A transparencia do seu estilo, a sinxeleza dos seus argumentos e a consideración das súas imaxes configúrano como un dos creadores de maior fondura e orixinalidade no panorama literario hispánico actual. É membro de pleno dereito da Real Academia da Lingua Vasca desde 2006. No 2010 tamén foi nomeado membro de Jakiunde, Academia das Ciencias, das Artes e das Letras.

Zéno Bianu, París, 1950. De nai francesa, o seu pai é refuxiado político rumano. Asinou o Manifesto eléctrico na década de 1970, e é autor dunha obra multifacética, cuestionando a poesía, o teatro e o Oriente. Bernard Noël comparou a súa obra cunha "suor de estrelas internas". En 1973, residiu por primeira vez na India. O Oriente deixaralle unha marca definitiva na súa escritura. Recibiu o Premio Internacional de poesía de fala francesa Ivan Goll en 2003. Dirixiu a colección de poesía de Edicións Jean-Michel Place. Os seus últimos poemarios son "Le désespoir n’existe pas", Gallimard, edición de bolsillo, 2016; "Satori Express", Le Castor Astral, 2016, "Visions de Bob Dylan", Le Castor Astral, 2014; "Prendre feu", Zeno Bianu, André Velter, Gallimard, 2013; "John Coltrane (Méditations)", Le Castor Astral, 2012; "Le désespoir n’existe pas", Gallimard, 2010; "Jimmy Hendrix (Aimantation)", Le Castor Astral, 2009; "Variations Artaud avec un portrait d'Ernest Pignon-Ernest", Editorial Dumerchez, 2009; "Chet Baker (Déploration)", Le Castor Astral, 2008. Ensayos: "Krishnamurti ou l’insoumission de l’esprit", Seuil, 1996; "Sagesses de la mort en Orient/Occident", Albin Michel, 1999.