Cinema

FAIA presenta o disco «Ao cabo leirín»

Faia Díaz Novo presenta o seu disco Ao cabo leirín, que poderemos escoitar na sala NUMAX nunha orixinal sesión de cinema para escoitar. A música de FAIA estará acompañada das videocreacións de Sara Traba os o venres 5 e sábado 6 de abril ás 19:55 e o domingo 7 ás 17:45. O venres 5, ademais, tras a audición, haberá unha posterior presentación na libraría.

Ao cabo leirín é o título do primeiro disco de Faia Díaz (De Vacas, Coro Encaixe, Apatacón). Trátase dun traballo gravado co Hevi (Malandrómeda, Fluzo) onde a cantora explora e reivindica, cunha ollada moi persoal, os cantos tradicionais transmitidos polas mulleres. A portada e deseño do disco é obra de Roi Fernandez. A sesión do venres día 5 é gratuíta previa reserva no correo [email protected], onde as solicitudes serán atendidas por orde de chegada. Os pases de sábado e domingo terán unha entrada xeral de 2,5€, con tarifas reducidas a 2€ e abonadas de NUMAX de balde.

Aquí podedes ver e escoitar a entrevista que lle fixeron en VINTE.