Germán Labrador presenta «Culpables por la literatura. Imaginación política y contracultura en la transición española (1968-1986)»
O xoves 13 de xullo ás 20:00, o profesor e investigador Germán Labrador, acompañado de María do Cebreiro e Jorge Linheira, presentará na Libraría NUMAX este ensaio que analiza os intentos das contraculturas españolas por superar a democracia de baixa intensidade post-franquista a través da biotecnoloxía e o activismo nos 70.
Pasaron corenta anos desde as eleccións de 1977 e o mito da transición caeu. Pero sabemos o que ocultaba? Culpables por la literatura. Imaginación política y contracultura en la transición española (1968-1986) sostén que entre 1968 e 1986 existiu unha cidadanía loitando por unha democracia real máis aló do Estado e dos partidos e cuxas ideas, ás veces, lembran ás do 15M. Na contracultura, política e cultura uníanse radicalmente e a democracia era unha nova sensibilidade que o afectaba todo: o amor, o traballo, os corpos, o espazo público e o privado. Aquela creatividade foi reprimida e cooptada: política e cultura dividíronse e institucionalizaron mediante a Constitución de 1978 e a Movida dos oitenta. Só no ámbito cotián a ruptura co franquismo foi máis nítida. Aínda que esquecemos os elevados custos persoais e sociais daquelas loitas contraculturais que levaron á marxinación da mocidade democrática (suicidios, cárceres, sida, heroína), hai unha débeda da memoria cos seus soños, que este libro estuda, a partir das voces dos seus protagonistas e usando a literatura como guía dunha democracia por vir.
Germán Labrador, nacido en Vigo en 1980, é profesor do departamento de Lingua e Cultura Española e Portuguesa da Universidade de Princeton, situada no estado de Nova Jersey dos Estados Unidos. Está especializado en historia literaria e cultural, estudos sobre a memoria, poesía, movementos sociais e culturas urbanas. As súas investigacións unen estética e política e buscan recuperar voces e proxectos olvidados da historia ibérica moderna. Ademais, publicou traballos como Letras arrebatadas, Poesía y química en la transición española (2008) ou A democracia na praza. Dous anos de protestas en España (2013).
María do Cebreiro (Santiago de Compostela) é escritora e profesora de teoría da literatura na Universidade de Santiago de Compostela. Como poeta publicou os libros O estadio do espello (1999); (nós, as inadaptadas), accésit do premio Esquío de poesía (2001); Non queres que o poema te coñeza (2004), Premio Caixanova; Os hemisferios (2006); Cuarto de outono (2008); Non son de aquí (2009) e Os inocentes (2014). En 2016 gañou o Premio da Crítica de poesía galega á mellor obra poética de 2015 por O deserto.
Jorge Linheira é activista cultural e investigador independente de políticas culturais, autor de La cultura como reserva india, 35 años de políticas culturales en Galicia.
- Hoxe
- Ver máis
-
-
Parthenope
VOSE
-
-
Oh, Canada
VOSG
-
-
Parthenope
VOSE