Gonzalo Hermo presenta «Diario dun enterro»
![](https://numax.org/storage/cache/images/67a/1721733585-750_533444da-gonzalo-hermo.jpg)
Continúan as actividades na Libraría, desta volta coa visita de Gonzalo Hermo para presentar Diario dun enterro, gañadora do XIII Premio Narrativa Breve Repsol en 2019. O acto terá lugar o venres 26 de marzo ás 19:30 e nel o autor estará acompañado pola escritora Berta Dávila e o editor Carlos Lema (Ed. Galaxia).
O xurado que concedeu a Diario dun enterro o XIII Premio Narrativa Breve Repsol salientou a «sinxeleza estrutural e o estilo depurado da novela, que afonda nun tema universal como son os rituais da morte e o seu impacto nos roles familiares para debuxar un personaxe protagonista que asume unha oposición ás identidades tradicionalmente atribuídas á súa orixe».
A presentación do libro celebrarase o venres 26 de marzo ás 19:30 horas, nun acto que contará coa presenza de Gonzalo Hermo na compaña da escritora Berta Dávila e de Carlos Lema, en representación da Editorial Galaxia. A entrada é de balde pero contamos con aforo reducido polo que cómpre reserva previa no correo [email protected]. Se non podes acudir á presentación recorda que o acto será retransmitido por streaming nas nosas páxinas de Facebook e Instagram (@numaxcoop).
O autor
Gonzalo Hermo (Taragoña, Rianxo, 1987) é licenciado en Filoloxía Galega e Doutor en Lingüística pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente vive en Barcelona, traballa como autónomo do sector editorial e é profesor da Escola de Lletres. Publicou tres libros de poesía: Crac (Barbantesa, 2011), Celebración (Apiario, 2014) traducido ao catalán (Godall, 2016) e ao castelán (La Bella Varsovia, 2017) e A vida salvaxe (Pen Club, 2018), con versión catalá do propio autor (Godall, 2019). Pola súa obra poética recibiu, entre outros recoñecementos, o Premio da Asociación Española de Críticos Literarios en 2014, o Premio Nacional de Literatura na modalidade de Poesía Nova en 2015 e o Premio de Poesía Afundación en 2018. Diario dun enterro é a súa primeira novela.
- Hoxe
- Ver máis
-
-
In Water
VOSG
-
-
O noso día
VOSG
-
-
-
Os duelistas
VOSE