Libraría

A libraría NUMAX acolle a presentación de «Horas tangentes» do poeta Miquel-Lluís Muntané

O próximo xoves 18 de novembro a Libraría NUMAX acolle a presentación do libro Horas tangentes (Ediciones La Discreta) do escritor e poeta catalán Miquel-Lluís Muntané. No acto, que terá lugar ás 19:30h da tarde, o autor estará acompañado do docente Fernando Romo e do seu editor Santiago A. López Navia. 

 

A poesía de Miquel-Lluís Muntané é unha poesía en verso, que proxecta e convoca en Horas tangenteso abandono, a perda, os soños, as oportunidades, a nostalxia, a través de pinceladas de recordos ou dunha panorámica, a descripción de obxectos ou de actos rutinarios. Por debaixo das postais deste poemario hai unha xeografía anímica, poesía da experiencia interior, a miúdo impregnada dun velo de onirismo. Un conxunto de instantes que, ben nos refloten, ben nos fagan naufragar, pretenden darlle sentido a nosa existencia. A presentación será o xoves 18 de novembro ás 19:30h e nela Miquel-Lluís Muntané estará acompañado do profesor Fernando Romo e do seu editor Santiago A. López Navia. 

Para asistir ao acto é preciso reservar praza no correo [email protected]. Se non podes asistir ou quedas sen praza poderás ver a presentación desde a casa en streaming a través das nosas redes sociais en Facebook e Instagram Live (@numaxcoop).

Miquel-Lluís Muntané y Sicart (Barcelona, 1956) é sociólogo, xornalista, docente, xestor cultural, escritor e traductor. Traballou no mundo editorial, no Departament de Cultura da Generalitat de Catalunya en calidade de documentalista e como profesor no Institut de Ciències de l’Educació da Universidad de Barcelona. Como escritor cultiva a maior parte de xéneros como a poesía, o conto, a novela, o ensaio e o teatro. A súa obra poética -que se inauguraba en 1980 con L’esperança del jonc- consta ata a data de dez títulos. A crítica resaltou sobre ela a capacidade de reflexionar sobre a condición humana a partir dunha observación minuciosa do detalle, unido a un coñecemento profundo do idioma e dos seus recursos.