Libraría

Javier Rodríguez presenta o poemario «Xeración» na Libraría NUMAX

Javier Rodriguez presenta o seu poemario Xeración (breve tradado de males inespecíficos), que lle valeu o Premio Victoriano Taibo 2022. O acto terá lugar o mércores 28 de xuño ás 20h30 na libraria de NUMAX. No acto o autor estará acompañado da escritora Maica Caramés. A entrada é libre ata completar aforo. 

Desencantada crónica dos anos de xuventude e retrato mordaz das doenzas da realidade social e cultural deste tempo, Xeración (breve tratado de males inespecíficos) é un repertorio de desafeccións, de recontos necesarios, de paixóns e militancias fenecidas. Unha proposta inconformitas, alicerzada na liberdade creadora, que conxuga as imaxes irracionais e o ton elexíaco coa incesante presenza da ironía e do apuntamento satírico. Evocación da mocidade extraviada, mais tamén discurso poético que expresa inquedanza ante outras cuestións emerxentes, como o ensimesmamento tecnolóxico, a tentación narcisista e o adanismo revolucionario. O mércores 28 de xuño, celebrarase, ás 20h30, na libraría Numax de Santiago de Compostela, a presentación de Xeración, Premio Victoriano Taibo 2022, de Javier Rodríguez. Acompañando o autor, estará a escritora Maica Caramés Gorgal.

Javier Rodríguez (Ourense, 1983) é profesor e poeta. En galego publicou Do arcano voo da transparencia (Premio Eloy Lozano, 2021) e Unha casaca escarlata (Premio Eduardo Pondal, 2021); en castelán, Preludio a la ceguera (2014) e Corredora de fondo (Premio Internacional de Poesía “Miguel Hernández-Comunidad Valenciana”, 2021).