Libraría

Jazmín Beirak presenta «Cultura Ingobernable» na Libraría NUMAX

A libraría NUMAX acollerá o mércores 19 de abril ás 20h30 a presentación de «Cultura Ingobernable», da política e investigadora Jazmín Beirak Ulanosky editado por Ariel. No acto, a autora conversará co investigador e mediador cultural, Fran Quiroga. A entrada é libre ata completar aforo.

mércores 19 de abril ás 20h30 teremos na Libraría NUMAX á investigadora, xestora cultural e deputada na Asamblea de Madrid, Jazmín Beirak para presentar o ensaio Cultura ingobernable (Ariel). O fío condutor da conversa son as políticas e dereitos culturais, o papel da comunidade ou a propia definición de cultura, que estará guiada polo investigador e mediador cultural, coordinador da iniciativa Concomitentes e docente do Curso de Expertx Universitarix en Xestión e Innovación Cultural da USC, Fran Quiroga. A entrada nesta proposta é libre ata completar a capacidade do local.   

Encontro Políticas e Dereitos Culturais
Jazmín Beirak estará ao día seguinte, o xoves 20 de abril (11:00-13:30), no Consello da Cultura Galega para participar no Encontro Políticas e Dereitos Culturais. O encontro comezará cunha breve panorámica das iniciativas lexislativas, estatais e internacionais, promovidas arredor dos dereitos culturais da cidadanía, presentado por Sergio Lago, coordinador do CEU en Xestión e Innovación Cultural. Tamén permitirá coñecer de preto os detalles da Lei de Cultura Inclusiva e Accesible de Galicia, actualmente en fase de tramitación. Unha normativa que dende a Xunta se presenta como pioneira no contexto estatal e da que falarán polo miúdo Anxo Lorenzo, director xeral de Cultura, e Carmen Calviño, subdirectora xeral de Arquivos e Museos. Trala súa intervención, terá lugar unha mesa redonda baixo o título Dereitos culturais, puntos de consenso para unha protección lexislativa. Nesta conversa, moderada por Sergio Lago, participarán Jazmín Beirak e o xestor cultural e asesor de Cultura da Deputación da Coruña, Xavier Campos. 

Ambas actividades están organizadas dende o Curso de Expertx Universitarix en Xestión e Innovación Cultural da Universidade de Santiago de Compostela, que promove un programa de conversas para afondar, da man de profesionais diversos, nas políticas culturais e nos dereitos culturais da cidadanía.