Libraría

A escritora e editora Lola Robles presenta «Hijas del futuro» en NUMAX

O próximo luns 15 de novembro pechamos o ciclo «Futuros. Conversas arredor de outros mundos posibles» acollendo a presentación de Hijas del futuro (Consonni) coa escritora e editora Lola Robles. No acto, que terá lugar ás 20:00h no espazo da Libraría NUMAX, Robles estará acompañada da escritora Conchi Regueiro.

 

Hijas del futuro: literatura de ciencia ficción, fantástica y de lo maravilloso desde la mirada feminista (Consonni, 2021) é un libro coordinado e editado entre as escritoras Cristina Jurado e Lola Robles que reúne dez ensaios que abordan, dende unha perspectiva de xénero, cuestións relacionadas coas escritoras, lectoras e estudosas da ficción non realista. O libro inclúe unha recompilación de textos de Layla Martínez, Carmen Romero, Andrea Vega, Maielis González, Enerio Dima, Loli Muñoz, C. B. Estruch, Elisa McCausland e Inés Arias de Reyna, e alberga a vontade de crear unha conversa enriquecedora e transformadora do xénero ademais de iniciar novas liñas de reflexión. A presentación será o próximo luns 15 de novembro ás 20:00h da tarde e nela Lola Robles estará acompañada pola escritora Conchi Regueiro. 

Para asistir ao acto é preciso reservar praza no correo [email protected]. Se non podes asistir ou quedas sen praza poderás ver a presentación desde a casa en streaming a través de Facebook e Instagram Live (@numaxcoop).

Lola Robles (Madrid, 1963) é licenciada en Filoloxía Hispánica. Publicou varias novelas de ciencia ficción, entre elas, El informe Monteverde (Crononauta, 2018). No campo da investigación literaria especializouse en autoras españolas de ciencias ficción e fantásticas,  feminismos e teoría queer. O seu ensaio En regiones extrañas: un mapa de la ciencia ficción, lo fantástico y lo maravilloso (Cazador de ratas, 2018), obtivo o Premio Ignotus ao mellor ensaio. Xunto a Teresa López Pellisa foi seleccionadora e editora literaria da antoloxía histórica de escritoras españolas de ciencia ficción en dous volumes Distópicas y Poshumanas (Eolas, 2019). Desde 2006 imparte o taller Fantástikas, de lectura e debate sobre xéneros non realistas. Podedes ler a Lola Robles no seu blog Fantástikas