Cinema

Europa Cinemas e o Parlamento Europeo elixen a NUMAX como sala participante nos LUX Film Days

No Cinema NUMAX estamos moi felices ao sermos designados, por segundo ano consecutivo, como un das sedes participantes nos LUX Film Days, unha iniciativa promovida por Europa Cinemas, o Parlamento Europeo e o Programa MEDIA Europa Creativa, que inclúe a proxección simultánea en 24 salas de toda Europa de dous dos filmes finalistas aos premios LUX.

O Premio LUX é un galardón que cada ano outorga o Parlamento Europeo a aqueles filmes que mellor ilustran os valores sociais europeos e a súa diversidade cultural. Os tres filmes finalistas serán proxectados en 24 salas de toda Europa de maneira simultánea, nun acontecemento moi especial que inclúe presentación por parte do equipo do filme en streaming e a posibilidade de participar no coloquio posterior via twitter. O Cinema NUMAX é unha das salas españolas participantes neste evento tan especial, coa proxección de dous dos filmes finalistas:

Mércores 7 de novembro | 19:00
A muller da montaña (Benedikt Erlingsson)
Halla declara a guerra a unha industria local de aluminio. Está preparada para arriscalo todo con tal de protexer as impolutas Tierras Altas islandesas, até que un inesperado orfo entra na súa vida.

Xoves 8 de novembro | 19:00
STYX (Wolfgang Fischer)
Rike é unha médico de primeiros auxilios que zarpa en veleiro desde Xibraltar rumbo ás vacacións dos seus soños nunha illa tropical en el Atlántico. Un adolescente africano tenta saltar dun barco cargado de emigrantes angustiados ao barco de Rike, facendo que esta teña que sacar da auga ao exhausto corpo e reanimalo, mentres que os servizos de emerxencia aos que avisou ordénanlle non intervir.

O acceso a ambas sesións é gratuíto até completar aforo podéndose reservar convite a partir do luns 5 de novembro cun máximo de dúas entradas por persoa.