Libraría

Marcos Obregón presenta «Contra el diagnóstico. Desmontando la enfermedad mental» na Libraría NUMAX

O escritor Marcos Obregón visitará a Libraria NUMAX o próximo mércores 25 de maio ás 19:30 da tarde para presentar o seu ensaio «Contra el diagnóstico» publicado pola Editorial Rosamerón. O autor estará acompañado da psicóloga clínica con diagnóstico psiquiátrico, Alejandra Boullón, e o psicólogo clínico do Sergas, José Berdullas.  

O escritor Marcos Obregón compaxinou durante moitos anos a súa paixón pola interpretación dramática co traballo editorial ata que en 2005 sufre un brote psicótico e tres anos despois se lle adxudica unha incapacidade absoluta. Agora, Obregón preside a Asociación Radio Nikosia onde loita pola dignidade das persoas con sufrimento psíquico. O próximo mércores 25 de maio ás 19:30h o autor presentará Contra el diagnóstico. Desmontando la enfermedad mental acompañado da psicóloga clínica con diagnóstico psiquiátrico, Alejandra Boullón, e o psicólogo clínico do Sergas, José Berdullas.

A entrada é libre ata completar aforo. Se non podes acudir á presentación recorda que o acto será retransmitido por streaming nas nosas páxinas de Facebook e Instagram (@numaxcoop).

Marcos Obregón é o presidente de Nikosia, unha das entidades de referencia en sensibilización e divulgación do sufrimento psíquico. Naceu en Barcelona en 1973. Licenciado en filoloxía hispánica, durante anos compaxina a súa paixón pola interpretación dramática co traballo editorial. En 2005, sofre un brote psicótico grave que lle supón múltiples ingresos e incontables noites de urxencias. Tres anos máis tarde adxudícaselle unha incapacidade absoluta. Desde entón dedícase a loitar pola dignidade das persoas con sufrimento psíquico, nos últimos anos en calidade de presidente da asociación Radio Nikosia. Na actualidade cursa o posgrao de Saúde Mental Colectiva da URV. O seu desexo é continuar traballando para mellorar as condicións e os dereitos das persoas sinaladas cun diagnóstico psiquiátrico.