Libraría

Teresa Moure presenta na Libraría NUMAX «Um elefante no armário»

A escritora Teresa Moure presenta o mércores 16 de maio ás 20:00 na Libraría NUMAX a súa última novela, Um elefante no armário, publicada por Através. No evento a autora estará acompañada pola política e profesora Carme Adán e pola codirectora da editorial, Teresa Pilhado.

O resumo da novela:  Un escritor tórnase en voyeur para acceder ás escenas íntimas en que participa Ana. Unha das súas amigas teme que Ana estea a planificar un asasinato; outra, psiquiatra, fica fascinada co interese extenuante de Ana pola verdade. Ana Brouwer, filósofa, vén de Holanda. Ten unha filla, un ex-marido, unha tenda de traballos manuais e un pasado que garda cuidadosamente no armario. Corre, seduce homes, filosofa co martelo, cultiva a amizade e vive apresuradamente para ocultar calquera cousa tan inmensa como un elefante. Pertinaz no obxectivo de dar coa verdade, conseguirá que todos os que andan á súa volta colaboren na tarefa de escribir a novela da súa vida, aínda que teña que desvelar a súa intimidade. Completamente.

Teresa Moure é profesora titular de Lingüística Xeral na Universidade de Santiago de Compostela, onde mora, Teresa Moure publicou novela, ensaio, relato, teatro e poesía, que foron distinguidos con múltiples premios e traducidos para sete idiomas. Entre as súas últimas obras destacan "Eu violei o lobo feroz" (poesía, A través, 2013), "Politicamente incorreta" (ensaio, A través, 2014), "Uma mãe tão punk" (novela, Chiado, 2014), "Ostrácia" (novela, A través, 2015), para alén de participar nos volumes colectivos "Bolcheviques 1917-2017" (ensaio, A través, 2016) e "Abadessa, oí dicir" (relato, A través. 2017). En 2007 foi distinguida co premio Acuorum por "Augas libres" e co premio Manuel Murguía por "A semântica oculta de Mrs. Hockett". A crítica salienta o seu estilo colista e unha óptica atenta aos problemas sociais e políticos, dentro de parámetros alternativos e inconformistas.