Libraría

Encontro e lectura coa poeta Natalia Litvinova

A escritora e editora arxentina de orixe bielorruso Natalia Litvinova visitará a Libraria NUMAX este xoves 19 de maio ás 20:30 da tarde para recitar e ter un encontro co público de Santiago de Compostela. Litvinova atopase este mes na Residencia Literaria 1863 na Coruña. A entrada é libre ata completar aforo. 

A Libraría NUMAX acollerá este xoves 19 de maio ás 20:30 o recital de Natalia Litvinova. Neste encontro, a poeta estará acompañada pola tamén escritora Sabela Aldrey, e servirá para realizar un percorrido por toda a súa poesía e a súa obra, ademais de establecer unha conversación co público que asista á actividade. A entrada para asistir a este acto é libre ata completar aforo, ademais, a presentación tamén será retransmitida vía streaming a través das nosas redes sociais.

Natalia Litvinova é poeta, editora e tradutora de poesía rusa. Naceu en Gómel (Bielorrusia) en 1986 e vive en Bos Aires. Publicou varios libros de poesía, entre eles Todo ajeno, Siguiente vitalidad, Cesto de trenzas, La nostalgia es un sello ardiente e Soñka, manos de oro.. A súa obra foi publicada en Alemaña, Francia, Chile, Brasil, Colombia, Estados Unidos e España, aquí editada por La Bella Varsovia. É unha das fundadoras e editoras do selo literario Llantén, e durante o mes de maio vive e escribe na Coruña grazas á Residencia Latitude 43, convocada pola Residencia Literaria 1863 co patrocinio do Concello da Coruña.