Volve o «Nocturama» ás noites de verán de NUMAX, con filmes non estreados na cidade e clásicos restaurados
As noites de verán no Cinema NUMAX teñen un nome: Nocturama. Neste 2018 temos preparada unha programación moi especial con obras esenciais que quedaron sen estrear no último ano en Santiago e grandes filmes clásicos e de culto en copias recén restauradas. As citas co mellor cinema de onte, hoxe e sempre terán lugar entre o 4 de xuño e o 30 de agosto de luns a xoves na sesión das 22:00h.
O ciclo Nocturama'18 inclúe diferentes liñas de programación que dan inicio co filme de Bertrand Bonello que dá nome ao ciclo, ao que seguen outras tres grandes obras contemporáneas que non se puideron ver en salas comerciais. Achegándonos ao mes de xullo continuaremos con grandes clásicos do cinema europeo, asinados por catro enormes autores (Dreyer, Lang, Renoir e De Sica), aos que darán continuidade outros tantos filmes de culto de Cronenberg, Ferrara, Argento e Dieterle. Xa en agosto gozaremos dos xéneros clásicos con obras mestras do western, o musical, o cinema de terror e a comedia. E para rematar, a última semana de programación decidirédela vós, co voso voto tras cada sesión, pois proxectaranse os catro títulos máis valorados polo público. Por se fora pouco, se asistes a 5 filmes do ciclo o sexto vai da nosa conta. Comezamos!
Obras recentes sen estrea en salas
Nocturama* (Bertrand Bonello, 2016): 4, 13 e 21 de xuño
Porto (Gabe Klinger, 2016): 5, 14 e 20 de xuño
American Honey (Andrea Arnold, 2016): 6, 11 e 19 de xuño
Félicité* (Alain Gomis, 2017): 7, 12 e 18 de xuño
Grandes clásicos do cinema europeo
Ladrón de bicicletas (Vittorio de Sica, 1948): 25 de xuño, 4 e 10 de xullo
M, o vampiro de Düsseldorf (Fritz Lang, 1931): 26 de xuño, 5 e 11 de xullo
A paixón de Jeanne d'Arc* (Carl Theodor Dreyer, 1929): 27 de xuño, 2 e 12 de xullo
A grande ilusión (Jean Renoir, 1937): 28 de xuño, 3 e 9 de xullo
Filmes de culto
Anxo de vinganza (Abel Ferrara, 1981): 16, 25 e 31 de xullo
Viñeron de dentro de... (David Cronenberg, 1975): 17 e 26 de xullo, 1 de agosto
Suspiria (Dario Argento, 1977): 18 e 23 de xullo, 2 de agosto
Jennie (William Dieterle, 1948): 19, 24 e 30 de xullo
Cinema de xénero
Os paraugas de Cherburgo* (Jacques Demy, 1964): 6, 14 e 22 de agosto
O profesor chalado (Jerry Lewis, 1963): 7, 16 e 21 de agosto
Paixón dos fortes (John Ford, 1946): 8, 13 e 23 de agosto
Drácula (Terence Fisher, 1966): 9, 15 e 20 de agosto
Extra!
Do 27 ao 30 de agosto proxectarase cada un dos catro títulos máis votados polo público durante o ciclo.
*Os filmes marcados cun asterisco proxectaranse en colaboración coa Alliance Française e o Institut Français e terán unha entrada reducida de 3€ (2,5€ tarifas reducidas).
- Domingo
- Ver máis
-
-
La Parra
VO
-
-
Oh, Canada
VOSG
-
-
Parthenope
VOSE
-