Libraría

Presentación de 'O que precede a caída é branco', de Oriana Méndez

A libraría NUMAX acollerá este xoves 25 de xuño ás 20h a presentación do poemario O que precede a caída é branco de Oriana Méndez, gañador do XVII Premio de Poesía Concello de Carral. Estará acompañada da crítica literaria Ana Salgado e do poeta Gonzalo Hermo.

Así introduce a obra Montse Dopico nunha entrevista coa autora:

«Oriana Méndez gañou o Premio de Poesía do Concello de Carral con O que precede a caída é branco, un poemario habitado por unha cidade sen cidadáns, por persoas expropiadas da súa liberdade. Mais tamén por traballadoras que se unen nun momento no que todo parece estar a piques de estourar. O libro amosa algunhas conexións coas obras anteriores da autora, Cero e Derradeiras conversas co Capitán Kraft. Como o ollar á opresión, ao poder e á súa violencia. Ou á memoria. Cero estaba escrito deste o estrañamento, o distanciamento respecto dunha realidade incomprensible. En O que precede a caída é branco hai unha urxencia de reaccionar ante o presente. Ante o que acabou perfilándose como unha guerra contra a clase obreira. Contra case todos e todas nós.»