Presentación do arquivo «Soineko Paisaia», de Nader Koochaki, este xoves 9 ás 20:00
No acto intervirán, ademais do investigador Nader Koochaki, Usue Arrieta e Vicente Vázquez, que participaron na concepción da publicación, aproveitando o seu paso polo Festival Escenas do Cambio e as presentacións das sesións Tractora Coop: traballos 2014-2016, no Cineclube de Compostela e Domingo de descanso, Cineclube de Compostela e Domingo de descanso, este luns 13 de febreiro no Cinema NUMAX.
A Libraría NUMAX acolle este xoves 9 de febreiro ás 20:00 a presentación do estoxo Soineko Paisaia (Paisaxe Dorsal), que recolle en tres LP (edición limitada en vinilo 12″) o arquivo de investigación de Nader Koochaki. Organizado en 139 gravacións que compoñen máis de 11 horas, xunto con outros contidos como imprimacións e mapas, amosa 83 gravacións de rabaños de máis de cen cabezas de Guipúzkoa.
Aínda que son abundantes os estudos publicados arredor da práctica do pastoreo, os traballos que prestaron atención ao aspecto do son son escasos. Este traballo ofrece novos contidos para a disciplina antropolóxica, poñendo de manifesto os efectos que o pastoreo ten no tecido da paisaxe sonora. Na colisión entre a ductilidade do son e a rixidez estrutural da linguaxe orixínanse novos materiais para aprenhender a ecoloxía. Prestando atención a estos materiais pasamos das membranas da natureza ás humanas, sen poder cousificalas, nun estado eternamente sublime.
Nader Koochaki (1983, Donostia-San Sebastián), licenciado en Socioloxía, desenvolve desde 2008 o seu traballo no ámbito artístico, no cal destacan as obras realizadas no campo do vídeo, da fotografía e do son. Ata agora expuxo en Arteleku, no Arquivo do Territorio Histórico de Álava, na Fundación Cristina Enea de Donostia-San Sebastián, no Bizkaia Aretoa de Bilbao, na Casa de Cultura de Egia, na Mediateca de Biarritz, no Museo de Baiona, no Club le Larraskito de Bilbao, na Fundación Antoni Tàpies, no Museo Artium de Vitoria, no MOP de Dubai, Edge of Arabia e Sophia Contemporary Gallery de Londres e en Tabakalera de Donostia-San Sebastián. Cabe destacar a colaboración con diversos artistas como Ibon Aranberri, Usue Arrieta e Vicente Vázquez, Ingrid Buchwald ou Carme Nogueira.
Paisaxe Dorsal é unha publicación de Audiolab coproducida.
- Hoxe
- Ver máis