Libraría

Pere Peris e Xavier Gimeno presentan o libro «El valor de los cuidados» na Libraría NUMAX

O docente e pedagogo Pere Peris e o psicoterapeuta Xavier Gimeno presentarán o próximo mércores 6 de setembro ás 20:30h o libro El valor de los cuidados. La supervisión publicado por Octaedro Editorial e coordinado por Arnau Careta e Neus Ballesteros. Estarán acompañados no acto polo escritor e profesor Eduard Velasco. A entrada é libre ata completar aforo.

As reflexións que atoparás neste libro están orientadas á busca da calidade do que, o como e o cando da supervisión de equipos profesionais. Partindo da análise dos diferentes tipos de supervisión que existen e da súa evolución, presentase aquí o modelo de supervisión desenvolto nos máis de dez anos de experiencia de Barcelona Espai de Supervisió nos ámbitos sociais, da saúde mental e da educación; así como as técnicas e recursos que o concretan. O contido desta obra pretende facilitar a confección e revisión de proxectos e prácticas de supervisión en diversas institucións e marcos profesionais. Atoparás orientacións e ideas clave para iniciarte neste campo profesional e tamén para a reflexión en profundidade sobre a propia intervención. De todo isto falarán na presentación que terá lugar na Libraría NUMAX o mércores 6 de setembro ás 20h30. Intervirán dúas das persoas que colaboran neste volume colectivo, Pere Peris e Xavier Gimeno, acompañados polo docente e escritor Eduard Velasco.