As reflexións que atoparás neste libro están orientadas á busca da calidade do que, o como e o cando da supervisión de equipos profesionais. Partindo da análise dos diferentes tipos de supervisión que existen e da súa evolución, presentase aquí o modelo de supervisión desenvolto nos máis de dez anos de experiencia de Barcelona Espai de Supervisió nos ámbitos sociais, da saúde mental e da educación; así como as técnicas e recursos que o concretan. O contido desta obra pretende facilitar a confección e revisión de proxectos e prácticas de supervisión en diversas institucións e marcos profesionais. Atoparás orientacións e ideas clave para iniciarte neste campo profesional e tamén para a reflexión en profundidade sobre a propia intervención. De todo isto falarán na presentación que terá lugar na Libraría NUMAX o mércores 6 de setembro ás 20h30. Intervirán dúas das persoas que colaboran neste volume colectivo, Pere Peris e Xavier Gimeno, acompañados polo docente e escritor Eduard Velasco.