Libraría

Presentación de «Regina & Celeste, una correspondencia» na Libraría NUMAX

O xoves 12 ás 20:00 horas a libraría NUMAX acolle a presentación de Regina & Celeste, una correspondencia de Celeste González e Regina Fiz. A presentación correrá a cargo de Celeste González e Carlos Rodríguez, editor de La uÑa RoTa.

Sinopse do libro
Regina & Celeste son dous nomes, dous corpos, dúas historias e unha soa correspondencia. No seu momento, privada: sen formalidade nin cerimonia. E agora, igual pero pública, á vista de quen se atreva a lela. Porque estamos ante un emocionante diario vital escrito a dúas mans, sen tabús. Unha viaxe en contra da corrente, no que se despezan e cuestionan algunhas etiquetas, categorías e estereotipos relacionados co LGTBI e con calquera asunto que cheire a xénero e a condición humana.
Margarite Yourcenar dixo que «do que andamos faltos é de realidades». Esta correspondencia é diametralmente oposta a esa literatura saturada de palabras cheas de máis palabras.
A cambio, estas cartas supuran unha realidade bárbara, pero tamén «fantasías, próteses e capas superpostas».
Aquí dialógase, cunha excepción: o diálogo é terriblemente honesto. Unha conversación mantida entre 2013 e 2016 sen molestias, en territorios de areas movedizas como son cambio de sexo, a supervivencia, a pornografía, a arte, a adicción, a construción de xénero, a prostitución, o estradiol, a identidade, o epiceno, a cultura, a división biolóxica home-muller... Pero tamén nas augas revoltas de dúas persoas soas, Celeste en Canarias, Regina, sempre viaxando, que se necesitan e desexan acompañarse incansablemente por medio de cartas e máis cartas até a extenuación, escritas como e cando sexa, sempre desde o excesivo e a esixencia de sentirse lida por e para a outra.
Asombra como, desde os bordes, se combina o obsceno cun gusto elegante e cultivado que fai rir e fai dano. É dicir, a vida. Porque Regina e Celeste aténdense, ámanse e comunícanse entre estancias, amantes, clientes e outros ámbitos... Sempre entre liñas. Unha correspondencia na que, queiramos ou non, os extremos tócannos.

Críticas
«Había moitísimo tempo que un libro non me conmovía, emocionaba, perturbaba tanto como esta correspondencia. É alucinante, bestial» (Bob Pop)
«Lean Regina & Celeste, unha correspondencia entre Regina Fiz Santos e Celeste González. É unha aventura epistolar entre dous disidentes sexuais. Unha versión trans das dezaoitescas Amizades perigosas de Pierre Choderlos de Laclos». (Cristina Morales)