Libraría

Antonio Rosa e Alba Cantalapiedra presentan o libro «Malditos spoilers» na Libraría NUMAX

O programador e productor de cine Antonio Rosa e a ilustradora Alba Cantalapiedra estarán o mércores 18 de xaneiro ás 20:30h na Libraría NUMAX para presentar o seu libro «Malditos spoilers» editado por Lunwerg. A entrada é libre ata completar aforo.

Cantos pés se fabricaron para O señor dos aneis? Que relación hai entre Barack Obama e Phoebe Waller-Bridge? Sabes o que realmente se agocha no maletín de Pulp Fiction? O libro de Antonio Rosa e a ilustradora Alba Cantalapiedra fala de cine sen destripar as películas. Malditos spoilers é un paseo visual a través de case 100 anos de historia da séptima arte que leva as persoas lectoras a coñecer algunhas das obras máis icónicas da cultura popular contemporánea. Psicosis, A guerra das galaxias, O poder do can, Twin Peaks ou Xogos de tronos son só unha pequena mostra do contido deste libro ecléctico e sorprendente, cheo de anécdotas, curiosidades, teorías cibernéticas e información reunida polos seus propios creadores, que, lonxe de «facernos un spoiler», nos abren as portas a una experiencia imaxinativa e estimulante. Con este libro terás acceso a universos visuais e sensoriais irrepetibles, personaxes memorables e diseños de produción que poden recoñecerse cunha imaxe, como demostran as ilustracións de Alba Cantalapiedra. Pasen e vexan, nunca un spoiler foi tan divertido. 

Alba Cantalapiedra (Valladolid, 1996) sentiu unha gran atracción polo debuxo, paixón que decidiu materializar, sendo xa adulta, como o seu traballo. En 2018 graduouse en Deseño Gráfico, disciplina que compaxina coa súa profesión como ilustradora. Traballou para editoriais como Penguin Random House, Grupo Planeta, Valparaíso Ediciones e para discográficas como Warner. No seu portfolio tamén figuran proxectos para marcas como Cervexas Alhambra, Vogue, Netflix, Comisión Europea e Pilot. O seu primeiro libro, Las preguntas que nos unen (Lunwerg, 2021), foi todo un éxito. Ademais da súa ocupación, leva a cabo proxectos persoais que desenvolve e comercializa de forma independente nas súas redes sociais. 

Antonio Rosa Lobo (Cádiz, 1994) é programador, produtor e distribuidor de curtametraxes, películas e documentais en festivais. Compaxina a súa faceta como director do festival de cinema fantástico de terror Insomnia e como programador en Terrormolins (festival asociado á Federación Méliès) co seu labor como visualizador e coordinador no festival La Vieja Encina. A súa formación como xestor cultural complétase cos labores de produción que desenvolveu no Festival de Cinema Africano (FCAT), en Shorty Week e en Monkey Week ao longo dos últimos anos. No ámbito editorial, foi creador do proxecto Doce veces un año 2015), coordinador de Terror en serie: de Alfred Hitchcock presenta a Stranger Things (Heroes de Papel, 2019) e coautor de Malditos spoilers (Lunwerg, 2022).