Libraría

Presentación da publicación «Exponer o exponerse. La educación en museos como producción cultural crítica»

O luns 27 ás 20:00 preséntase na Libraría NUMAX a publicación Exponer o exponerse. La educación en museos como producción cultural crítica (Catarata, 2019). Coa presenza de Belén Sola, responsábel do Departamento de Educación e Acción Cultural do MUSAC, e do investigador e produtor cultural Fran Quiroga.

Exponer o exponerse. La educación en museos como producción cultural crítica compila artigos de Belén Sola Pizarro, Nonia Alejandre Aguado-Jolis, Alfredo Aracil, Laura G. Bécares, Chus Domínguez, Alfredo Escapa Presa, Julia Ruth Gallego, Maite Garbayo Maeztu, Grupo de Mediación Convocatoria Laboratorio 987, Ángela María-Félix Lorenzo, Marcos de Matos, Manuel Olveira, Diego del Pozo Barriuso, Paul B. Preciado, Victoria García Salas, Alberto Taibo, Ester Ugarte e Conchi Unanue Cuesta.

O traballo da educación nos museos do que fala este libro deixou de lado a función transmisora das exposicións para centrarse en novas formas de xerar comunidade ao redor do arte e a cultura nun museo. Ademais, nesta publicación fálase, ademais de escolas e de crianzas, de persoas con diagnoses de saúde mental, colectivos feministas, grupos da cidadanía que se xestionan ao redor do cinema e sobre todo do traballo conxunto que cidadanía e traballadores culturais debemos facer se queremos manter os nosos espazos de arte e cultura.A presentación en NUMAX centrarase especialmente nos proxectos ao redor do audiovisual que se puxeron en marcha desde o DEAC do MUSAC. Exhibirase unha curta de 13 minutos de La rara troupe, un grupo de traballo do LAAV_

Resumo do libro: A educación nos museos sufriu un importante crecemento nos últimos vinte anos no territorio español que a achegou a unha madurez plena. A crise, con todo, puxo en xaque os fitos alcanzados, o avance e o desenvolvemento do campo da mediación e de todos os implicados nel. Detrás do incansábel esforzo das persoas que traballan nos museos atópase o propósito de democratizar e facer accesíbel as institucións culturais para unha diversidade de públicos, pois, como afirma Nora Sternfeld, a cuestión non é tanto se a práctica educativa deixa suficiente espazo ás contradicións, senón, máis ben, se esas contradicións poden marcar unha diferenza tanto nos públicos como no propio discurso institucional. Este libro nace do desexo de ofrecer un relato veraz sobre o que sucede na práctica diaria, no terreo, nun museo de arte contemporánea como o MUSAC de León, para plasmar as experiencias vividas, aprender delas e apuntar quizais así camiños novos para o que está por vir. Como afirma Paul B. Preciado: "o museo ten xa a súa propia historia".