Libraría

Presentación do libro fotográfico «Síntomas», de Enrique Lista

O xoves 14 de febreiro ás 20:00 Enrique Lista presenta o seu libro de fotografías Síntomas, acompañado por Gonzalo Veloso e Tono Mejuto na Libraría NUMAX.

Síntomas contén fotografías de medicamentos, envases e outros obxectos de uso médico, desbotados ou perdidos. O que serve para aliviar os síntomas dunha doenza pode interpretarse á súa vez como síntoma desa doenza. As imaxes dan información sobre os distintos tipos e graos de dor padecida polas persoas que habitan a área xeográfica do muestreo, mentres que os textos que as acompañan orientan a interpretación deses síntomas, aínda que cada lector pode facer o seu diagnóstico. Todas as fotografías do libro foron tomadas co mesmo teléfono móbil, entre xaneiro de 2017 e xullo de 2018, na cidade da Coruña (excepto a última, tomada en Escras, Malpica de Bergantiños).

Enrique Lista (Malpica de Bergantiños, A Coruña, 1977) é Doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo (2015) e Técnico Superior en Gráfica Publicitaria pola Escola de Artes Pablo Picasso da Coruña (2003). Como artista plástico ten realizado exposicións individuais na Fundación Luís Seoane (2013), Zona”C” (Santiago de Compostela, 2012), galería adhoc (Vigo, 2010) e na Sala Alterarte (Ourense, 2007).

Entre outras, ten participado nas exposicións colectivas que tiveron lugar nas seguintes sedes e anos: Sala Nautilus (A Coruña, 2016), Kaldarte (Caldas de Reis, 2016), Galería adhoc (Vigo, 2016), Fundación Rac (Pontevedra, 2016), MAC (A Coruña, 2015), MARCO (Vigo, 2013, 2010 e 2004), Fundación Luís Seoane (A Coruña, 2012), ARCO (con galería Adhoc, 2012), Sala Normal (A Coruña, 2011), Centro Torrente Ballester (Ferrol, 2010), proxectos en espazo público “Outonarte09” (A Coruña, 2009) e “SAL” (Barcelona, 2009), Noorderlicht Photogallery (Groningen, Holanda, 2009), CGAC (Santiago de Compostela, 2008), Galería C5 Colección (Santiago de Compostela 2008 e 2007), Centre Civic Sant Andreu (Barcelona, 2007 e 2006), Casa da Parra (Santiago de Compostela, 2007), Centro de Arte Joven de la Comunidad de Madrid (2007), Galería Sargadelos (A Coruña, 2007), Pazo da Cultura (Pontevedra, 2006), Galería Sargadelos (O Barco de Valedoras, Outono Fotográfico de Ourense, 2006), Proyecto Museu Miquel Casablancas (Barcelona, 2006), Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela, 2004), Obra Social Caixa Galicia (itinerante Galicia, 2002), Fundación Laxeiro (Vigo, 2000) e Fundación Caixa Galicia (Vigo, VIII Fotobienal, 1998).

Foi seleccionado en: Residencias artísticas do MAC (A Coruña, 2014), Mostra Internacional Gas Natural Fenosa (A Coruña, 2016, 2010 e 2006), Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas (Santiago de Compostela, 2015, 2013, 2011, 2009 e 2007), Certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense (Ourense, 2006 e 2005), Premi Miquel Casablancas (Barcelona, finalista 2008), “GZ Crea” (Xunta de Galicia, Pontevedra, 2006), Certame de Artes Plásticas “Isaac Díaz Pardo” (A Coruña, 2005) e “Residentes 05” (Santiago de Compostela; becas, residencia e exposición, 2005).

Ademais de en catálogos, publicacións colectivas e/ou académicas, o traballo de Enrique Lista foi recollido nas publicacións individuais Un año de proyectos (Save As… Publications, Barcelona, 2013) e Enrique Lista. Situación (Centro Galego de Arte Contemporánea, 2008).

Tanto no ámbito académico como fóra do mesmo, Enrique Lista ten impartido docencia, talleres e conferencias. Asimesmo, ten realizado actividades profesionais nos ámbitos do deseño gráfico, a fotografía e a xestión cultural.