Samuel Solleiro e César Lorenzo presentan "Vidas imaxinarias"
O xoves 18 de xaneiro a partir das 20:00 a Libraría NUMAX acollerá a presentación de Vidas imaxinarias, de Marcel Schwob (1867-1905), un clásico da literatura francesa. No acto participarán César Lorenzo Gil, director de contidos de Aira Editorial, e Samuel Solleiro, responsábel da tradución.
Como explican desde Aira Editorial, este libro «creou todo un xénero: o da biografía literaria, máis rica, máis ambiciosa, máis divertida, máis evocadora. Ao longo dos séculos, Marcel Schwob vai procurando a esencia das paixóns da humanidade mediante unha poderosa imaxinación e un xeito de escribir baseado na beleza, na claridade e na destreza no uso dos recursos narrativos. Personaxes reais e inventados que conseguen grazas a esta obra un lugar perenne na eternidade».
Marcel Schwob é un dos máis importantes escritores en lingua francesa de todos os tempos, malia ter escrito poucas obras. Está considerado un dos renovadores da literatura de aventuras. Discípulo de Robert Louis Stevenson, a súa narrativa destaca pola imaxinación, a precisión do seu estilo e a capacidade de evocación. Dise del que é un lector metido a escritor e de aí que conecte tanto cos lectores máis ávidos, aqueles que están a descubrir todas as posibilidades da literatura como xeito de vivir máis vidas que a propia vida. Obras súas son tamén A Cruzada dos nenos e O libro de Monelle. Del deixou dito Jorge Luis Borges: «en todas as partes do mundo hai devotos de Marcel Schwob que constitúen pequenas sociedades secretas».
- Hoxe
- Ver máis
-
-
-
-
Oh, Canada
VOSG
-
-
Parthenope
VOSE
-
-
Parthenope
VOSE