Libraría

Laura Lamontagne presenta «La elegía de la Huerta» na Libraría NUMAX

Laura Iglesias Vázquez (Lugo, 1993), Laura Lamontagne, é actriz e cantautora. O xoves 20 de setembro presenta na Libraría NUMAX o seu poemario La Elegía de la Huerta, con ilustracións de Belén Cordero.
Imaxe: Tamara de la Fuente

Laura LaMontagne (Lugo, 1993) é unha cantante e poeta, amateur do audiovisual, que vive en Santiago. Malia que na súa web a súa biografía nos advirte que está “still under construction” pódese intuír que descubriu no acto de recitar un lugar idóneo para a expresión artística cando comezou a asistir aos recitais de Caldeirería 26 e Serpes Na Cachola, grazas aos que se introduciu na vida poética e artística da cidade.

Durante este ano deu varios concertos en solitario, mesturando audiovisuais e música. Xunto á súa irmá Sara Iglesias protagonizou o videoclip de “Papá Borracho” da banda Ataque Escampe, dirixido por Mar Catarina. Probou como actriz na ópera prima de Anxos Fazáns “A Estación Violenta” e agora está en proceso de rodar unha curta da directora novel Noemí Iglesias.

A Libraría NUMAX acolle a presentación do poemario "La Elegía de la Huerta", con ilustracións de Belén Cordero (activista vegafeminista e creadora de conciencia). Segundo indica a propia Laura, o seu obxectivo é "crear un movemento de reflexión, un salir de sí, una ex-in-trospección en continuo anhelo. Un volver a sí, sabiendo ser nuevo”.