Nova plataforma para a compra de entradas e abonos de NUMAX: ReservaEntradas
O venres 12 de xuño teremos novidades relevantes no proceso de compra de entradas e abonos do Cinema NUMAX. A nosa web numax.org seguirá a operar con total normalidade no tocante á información da carteleira, actualidade, horarios e sesións. No momento de realizar a compra da entrada serás redirixida automaticamente á plataforma externa ReservaEntradas onde se finalizará o proceso. A continuación, achegamos unha pequena guía de uso que che será de axuda. Ante calquera dúbida, podes consultarnos na billeteira da sala ou no correo [email protected].
Como compro unha entrada?
1. A nosa web seguirá a ser a referencia para consultar a nosa programación, horarios e sesións. No momento en que queiras comprar unha localidade para unha sesión de cinema, serás redirixida á mesma sesión da plataforma ReservaEntradas.
2. Unha vez no patio de butacas de ReservaEntradas poderás seleccionar as butacas que queiras ocupar facendo click en "Comprar Entradas" e escollendo a túa tarifa. Por defecto aparece preseleccionada a entrada "Web", que se corresponde coa nosa "Entrada Xeral", pero premendo o máis "+" poderás aplicar tarifas reducidas.
3. Se tiñas unha conta de usuaria en NUMAX, podes acceder a través da «Área de socios» para xestionar os teus datos persoais introducindo o número de usuaria e PIN que recibirás mañá venres no teu correo electrónico. Tamén podes acceder durante o proceso de compra, co botón «Accede a descuentos». Tamén é posible mercar entradas sen rexistrarte na páxina, simplemente indicando un correo electrónico para recibila.
4. Ao rematar o proceso de compra recibirás un correo co Código QR e mais o localizador da compra que será o que teñas que amosar no acceso á sesión. Agora podes validar cun único código a túa entrada e a das túas acompañantes e tamén podes gardar as entradas no wallet do teu móbil.
Que fago se son abonada de NUMAX?
1. Mañá venres recibirás un correo electrónico co teu número de usuario, que se corresponde co teu número de abono actual, e un PIN. Poderás acceder ao teu usuario na «Área de Socios» de ReservaEntradas, onde poderás consultar toda a túa información persoal e cambiar o teu PIN. No apartado "Suscripciones" poderás comprobar que tipo de abono tes activo e renovalo cando chegue o momento.
2. Cando compres unha entrada e esteas logueada como usuaria, a túa entrada estará marcada por defecto coa tarifa de abonada. Tamén poderás asignarlle ás outras entradas, de ser o caso, outras tarifas ou descontos aos que teñan dereito. Se queres vir ao cinema con outras abonadas, estas deberán mercar as súas entradas desde o seu usuario.
3. A principal novidade no funcionamento dos abonos é que as entradas gratuítas serán activadas a través dun sistema de puntos. Cada vez que merques unha entrada recibirás 1 punto e, cando teñas 10 puntos, poderás trocalos por 1 entrada. Asimesmo, se te dás de alta nun abono ou renovas o actual obterás automaticamente 10 puntos para facer uso desta entrada de balde. Podes empregar estas entradas escollendo a tarifa “Ent. gratuita abonadas” no proceso de compra.
Que fago se tiña unha tarxeta de entradas T5 / T10?
1. Agora as tarxetas de entradas (T5 / T10) chámanse Bono 5 e Bono 10 e teñen que estar asociadas a un usuario de ReservaEntradas. Para iso, tes que pasar pola billeteira da sala co código alfanumérico impreso na tarxeta para vinculala coa túa conta de usuaria.
2. Unha vez teñas activo o bono na túa conta, para empregalo en compras online terás que facer login a través da "Área de socios" e escoller o tipo de entrada “Aplicar Bono” nas entradas que desexes.
3. No apartado "Mis bonos" poderás ver que tipo de bono tes activo, cando che caduca e cantas entradas che quedan por gastar. Se tiñas unha T10 asociada a un abono colabora ou protexe, as entradas dispoñibles convértense en puntos (10 puntos = 1 entrada) e podes canxealas na túa compra marcando “Ent. gratuita abonadas”.
Como merco un bono ou abono?
1. Podes coñecer o funcionamento dos nosos abonos e bonos de entradas na nosa web. Para mercalos, terás que acceder á "Área de Socios" de ReservaEntradas.
2. Unha vez dentro da "Área de Socios", podes mercar un novo abono en "Suscripciones" e os bonos de entradas en "Mis bonos".
- Hoxe
- Ver máis