Libraría

Sica Romero presenta «Avelaíñas eléctricas» na Libraría NUMAX

O vindeiro xoves 15 de setembro ás 20:30 da tarde a Libraría NUMAX acollerá a presentación da obra debut «Avelaíñas eléctricas» de Sica Romero. No acto a autora estará acompañada de Ángel Suanzes, xornalista e escritor. A entrada é libre ata completar aforo. 

O libro debut de Sica Romero, «Avelaíñas eléctricas», é unha obra de non-ficción definida por ela mesma como unha novela realista. Nela están moi presentes os xogos de estilo tipográfico e a representación da oralidade e a fala da Costa da Morte. Uns recursos que emprega para contar a historia de dúas mozas, Mariña e Olivia, que rematan a carreira universitaria e que nesa nova situación intentan fuxir dos seus lobos, das súas sombras. Influenciada por autoras como Andrea Abreu, a poesía de Rosalía de Castro e da novela No corazón do bosque de Agustín Fernández Paz, Sica Romero aborda os pesos e violencias que carretan estas dúas amigas, polo seu amor, pola dor, pola marcha da casa familiar. A presentación terá lugar no espazo da Libraría o xoves 15 de setembro ás 20:30h da tarde, nela a autora Sica Romero estará acompañada do xornalista e escritor Ángel Suanzes. A entrada é libre ata completar aforo.
 
Sica Romero (Carnota). A experiencia persoal e laboral de Sica estivo sempre ligada á literatura e á arte. Afeccionada aos libros dende ben pequena gradúase en Historia da Arte (2018) e despois cursa dous mestrados: en “Xestión de Patrimonio, Museos e Mercados” (2019), e en “Formación de profesorado, Especialidade Xeografía e Historia” (2021). Compaxinou seus estudos con traballos en distintos eidos: bibliotecaria, auxiliar de sala en museos, guía de exposicións, correctora ortotipográfica e investigadora para a edición de libros. Avelaíñas eléctricas é a súa primeira novela e promete que non será a última, xa que non ten pensado abandonar este novo camiño que comezou.