Xavier Queipo, penúltimo protagonista do Tac, tac, tac
Nova cita para «un conto, nun lugar, nun límite de tempo» que cada mes, desde febreiro, trae á libraría NUMAX a escrita en directo dun relato mecanografado nunha antiga máquina de escribir. O 1 de agosto ás 20:00 será Xavier Queipo o encargado de deixar o seu texto e falar dos seus procesos creativos.
Un escritor ou escritora, tras escribilo en directo, deixa o seu texto mecanografado na mesa situada ao pé do escaparate da libraría. Desde febreiro a libraría NUMAX acolle esta actividade literaria que busca a reflexión sobre os procesos creativos. Tac, tac, tac: un conto, nun lugar, nun límite de tempo naceu da man de Suso de Toro co obxectivo de afondar na experiencia analóxica da produción e a lectura do texto literario.
Polo Tac, tac, tac pasaron xa Margarita Ledo, Xabier P. Docampo, Manuel Rivas, Marina Mayoral, Susana Sánchez Aríns e Pedro Feijoo. Todos eles deixaron o seu texto mecanografado na libraría para que quedara exposto durante un mes no escritorio instalado para a ocasión. Ademais da escrita en directo, o comisario da actividade, Suso de Toro, e a autora ou autor convidado mantiveron en cada cita unha conversa co público para falarnos dos seus procesos creativos.
O sétimo e penúltimo convidado é o escritor Xavier Queipo, que está convocado para deixar escrito o seu relato o martes 1 de agosto ás 20:00 h. Despois desta cita só restará que sexa o propio Suso de Toro, en setembro, quen escriba no último A4 para pechar esta actividade, a camiño entre a literatura e a performance.
Xavier Queipo (Compostela, 1957), licenciouse en Bioloxía e Medicina e Cirurxía. Desde 1989 vive e traballa en Bruxelas. É autor, entre outros, dos libros de narrativa Ártico e outros mares, Ringside, O Paso do Noroeste, Malaria sentimental, Papaventos, O ladrón de esperma, Os ciclos do bambú, O espello e o dragón, Dragona, Saladina, A illa dos cangrexos violinistas, Extramunde (Premio Xerais de Novela en 2011) ou Os Kowa (Premio Blanco Amor 2015); dos poemarios Glosarios e O home invisíbel (premiado no certame de poesía erótica Illas Sisargas o pasado ano). Foi Premio da Crítica española en 1991. Publicou crónicas radiofónicas e o libro de ensaio Cartas marcadas. Ten participado en numerosos libros colectivos e antoloxías, colaborou en diversos medios de comunicación e traduciu do francés ao galego a Amin Maalouf e Hervé Guivert, e do inglés a Conrad e Joyce, entre outros.
- Hoxe
- Ver máis
-
-
Parthenope
VOSE
-
-
Oh, Canada
VOSG
-
-
Parthenope
VOSE