Presentación de «Um país a la gallega. Galiza no NO-DO franquista», con Beatriz Busto Miramontes
O vindeiro venres 16 de abril ás 19:30 acollemos a presentación do libro «Um país a la gallega. Galiza no NO-DO franquista» (Através Editora), coa presenza da autora, Beatriz Busto Miramontes, canda a coordinadora do volume Sabela Fernández.
En palabras da súa autora, Um país a la gallega. Galiza no NO-DO franquista «mostra o difícil que é desligar o legado colectivo, cando vén presidido por elaboracións e esquece que é construción. O legado que latexa por todo este elucidador traballo sobre o NO-DO como porta xiratoria da complexa realidade comunitaria é o do respecto e o do entrañamento vital. Un traballo que é unha alerta, difícil, moi difícil de practicar, certamente, sobre como hoxe estamos construíndo o noso presente e sobre as propostas e imposicións en xogo».
A presentación dará inicio o venres 16 de abril ás 19:30 con prazas limitadas. Recoméndase reservar en [email protected]. Se quedas sen praza recorda que poderás presenciar o evento nos directos de Facebook e Instagram (@numaxcoop).
Beatriz Busto Miramontes é doutora desde 2016 en Antropoloxía Social na Universidade Autónoma de Madrid coa tese de doutoramento La Galicia proyectada por NO-DO. La arquitectura del estereotipo musical a partir del uso del folclore musical (1943-1981). O seu percorrido investigador debrúzase sobre a elaboración dunha narrativa estereotipada da Galiza durante a ditadura franquista, narrativa que a autora nomea como discurso "galaiquista". Tamén é licenciada en Antropoloxía Social e Cultural e en História e Ciencias da Música pola Universidade Autónoma de Madrid e Mestra en Educación Musical pola Universidade de Vigo. Actualmente, é investigadora da Rede Galabra, profesora asociada de Antropoloxía Social e Cultural na Facultade de Filosofia da USC e profesora na Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela.
- Hoxe
- Ver máis
-
-
A substancia
VOSE
-
-
Joker: Folie à Deux
VOSE