NUMAX

Do 1 ao 14 de xullo pechamos por vacacións

Tras máis dun ano de intenso traballo en NUMAX decidimos coller dúas semanas de vacacións para repousar un pouco e volver o 15 de xullo con máis forza ca nunca. Deste xeito, tanto o Cinema como a Libraría NUMAX permanecerán pechados ao público do 1 ao 14 de xullo, ambos incluídos.

Mesmo así, a nosa Libraría Online seguirá en funcionamento durante este tempo e a través da nosa web poderedes adquirir as vosas entradas e consultar a programación do Cinema NUMAX para o 15 de xullo en diante.