Libraría

«Poetas sen palabras», unha charla performance sobre poesía sonora por Xelís de Toro

A libraría NUMAX acollerá o venres 7 de outubro ás 20:30h a charla performance sobre poesía sonora «Poetas sen palabras» que ofrecerá o artista e escritor Xelís de Toro. Este acto é a antesala para entrar na novela Etceteramente, que o autor publicará en novembro coa editorial Xerais.

Nesta charla utilízase o nome de poesía sonora para englobar unha serie de prácticas poéticas que traballan coa materialidade da linguaxe, o son, obviando a significación das palabras. Estas prácticas recibiron varias denominacións dependendo do lugar, da época e de quen as practica: Poesía concreta, Poesía sen palabras, Poesía fonética, etc. Xelís de Toro fará un repaso histórico por estas correntes poético-sonoras que van desde Hugo Ball no Cabaret Voltaire e a Ursonata de Kurt Schwitters, pasando pola linguaxe transmental zaum creada polos futuristas rusos, a dadaísta baronesa Elsa von Freytag-Loringhoven e o letrismo, entre outros movementos e artistas. Xelís interpretará unha peza de cada un dos movementos poéticos que explique. Esta charla é un acto que aparece na súa novela Etceteramente que se publicará en novembro na editorial Xerais. Asistindo a esta charla dalgún xeito estás entrando no seu interior.

Xelís de Toro é escritor e artista. Ten publicado os seguintes libros: Seis cordas e un corazón (co pseudónimo de Roque Morteiro, Xerais 1990), Non hai misericordia (Xerais 2003), Terminal (1994); Os saltimbanquis no paraíso (1999), The Corunna boats (Xerais 2004); Riofero (Xerais 2009), O libro das pontes invisibles (Pighog Press, 2012); O gato fantasma (Xerais 2013), A porta dourada (Xerais 2018), e Paco Peco pequeneiro e o lagarteiro miope (Xerais 2021). Mantén na rede o espazo http://laboratoro.net/