A 'Horreoastronave' de Zan Hoffman aterra en NUMAX o mércores 5 de agosto

Zan Hoffman, punk crooner de Kentucky, estará de xira por Galicia co seu Bodycocktail e fai parada en NUMAX o mércores 5 de agosto ás 19:00 para presentarnos o primeiro episodio de Hórreo no espazo.

«Long-established home taping artist from Kentucky discovers Galicia, contracts morriña, plays 70% of his concerts for Galegos including 16 songs composed in Galego becoming the Galicia's #1 international touring artist. His obsession with hórreos, the most Galego of structures, inspires a graphic novel Hórreo No Espazo just now being printed in Galicia. Introducing the word Hórreoastronave into the Galego language is merely the start of Zan Hoffman's retranca adventures customized for Galicia.»

Así se define o propio Hoffman e así nos introduce na súa novela gráfica Hórreo no espazo, onde «o enxebre se mistura co tecnolóxico, a través da compoñente onírica». As horreoastronaves de Zan Hoffman, americano de Kentucky que se declara amante de Galicia e do galego, son convocadas desde o universo para facer estourar no ceo unha choiva non de estrelas, senón de maínzo. Este é o primeiro episodio dunha serie maior, con tradución de Alfonso Espiño para o galego.

Fotografía de Albert Brull Gracia