Por mor da previsión de chuvia vémonos na obriga de trasladar as proxeccións de A invasión dos ladróns de corpos, de Don Siegel, e Caro diario, de Nanni Moretti, á Casa das Máquinas da Rúa Galeras. Os pases inclúense no Festival C que organizan o Concello de Santiago e a Deputación da Coruña e darán inicio ás 21:45h con reserva de cadeira desde as 21:15h.
Ver máis